Destinado a nenas e nenos maiores de 8 anos e adultos.
Aprender a tocar un instrumento supon a necesidade de adquirir certas destrezas motoras que nos proporcionarán os recursos necesarios os cales permitirannos utilizar á música como medio de expresión.
Destinado a mozas, mozos e adultos; os seus contidos apuntarán tanto á musica culta, como ao jazz e á música moderna. A clase de instrumento configura o núcleo central do ensino deste nivel.
A práctica instrumental abrangue:
-
Aprendizaxe afeccionada. Para o desnvolveneto persoal e interpretacion colectiva. O seu obxectivo principal e a práctica da música en conxunto e a formación en valores asociados á mesma: a comunicación, a interación do grupo e a socialización do individuo, así como a expresion das emocións a través da música.
-
Formación para futuros profesionais. O seu obxectivo é a orientación do alumnado ao estudo individual co fin de habitualo á disciplina de aprendizaxe profesional e a preparación para o acceso exitoso aos conservatorios.
O desenvolvemento como instrumentista comprende os seguintes ámbitos:
-
Práctica instrumental: a adquisición de destrezas técnicas, interpretativas e muscais, que permitan formar parte dunha agrupación.
-
Formación Musical Complementaria: o coñecemeto dos conceptos teórico/prácticos necesarios que permitan unha exacta valoración e comprensión do fenómeno artístico-musical nos seus múltiples aspectos teóricos, históricos, estéticos e sociais.
-
Actividdes de Conxunto: as actividades de conxunto na súa diversidade de formacións, tanto vocais como instrumentais, permítenlle ó alumnado da escola de música comprende-lo significado da súa formación musical ó posibilitarlle a participación dentro dun grupo. Neste sentido representan o fin último que persigue a ensinanza dun instrumento na educación musical para afeccionados.
Asi mesmo, neste nivel de ensino desenvolvense os seguintes itinerarios:
-
Itinerario Instrumentista Básico
-
Itinerario Instrumentista Avanzado
-
Itinerario Instrumentista Profesional
-
Itineraio For-Grup