google-site-verification=755YPqdKpUhfbOxD7kBmtZeQNa5ON4KNUdQzhDFgnD0
top of page

ACTIVIDADE 1

 

SONS E IMAXES: COMO SE FAN OS RUÍDOS NO CINE

 

Nas películas, os sons que escoitamos non sempre son reais.

Moitas veces créanse empregando obxectos cotiáns que imitan os sons da natureza, dos animais ou das accións que vemos na pantalla.

 

Estes ruídos chámanse efectos sonoros.

Nesta actividade, o alumnado intentará identificar como se poden crear algúns sons típicos do cine utilizando diferentes obxectos.

Proposta de traballo:

Relaciona cada son co obxecto que se pode empregar para crealo:

 

🐎 Galopar de cabalos → cocos

🌧 Choiva → bolsas de plástico

⛈ Trebón → lámina de metal

🚪 Chirriar dunha porta → cordas

🦴 Rotura dun óso → allo porro

💧 Goteira → boca

🌬 Vento → boca

experimentar cos obxectos e comprobar se o son se parece ao da película

Para facer antes do concerto

  • Facer o xogo cos ollos pechados: escoitan o son e adiviñan que é.

  • Primeiro escoitar o son real (se é posible) e logo o son creado.

  • Preguntar: Parécese? Engánanos o oído?

Conexión co concerto

  • Identificar cales destes sons poderán aparecer no espectáculo.

  • Pensar: quen fará estes sons no escenario?

bottom of page