3
Como soa o que vemos.
Escoitando un cadro / Pintando música
PROPOSTA
ESTA ACTIVIDADE A PROPOÑEMOS REALIZAR DESPOIS DO CONCERTO DIDÁCTICO.
Consta de dúas partes
Trátase de un xogo de escoita visual no cal descubriremos que un cadro e unha obra musical se parecen máis do que pensamos.
Consta de dúas actividades:
- A primeira de escoita e observación.
- A segunda de escoita e composición dun cadro. O cadro resultante podédenolo enviar a Escola e faremos unha exposición virtual nas nosas RRSS.
Obxectivos:
-
Observar de forma activa un cadro diferenciando os seus diferentes elementos.
-
Descompoñer os seus diferentes elementos pictóricos.
-
Escoitar e observar a representación sonora de cada un destes elementos.
-
Escoitar e observar a suma destes elementos para formar a peza completa.
-
Pintar un cadro a partir dos elementos sonoros propostos
1 ESCOITAMOS UN CADRO
-
Esta primeira proposta xa a escoitáchedes no concerto e agora podédela facer na aula.
-
Se a queredes facer antes do concerto seguide as seguintes as instruccións:
Observa e escoita este cadro de Laxeiro
Agora ímolo descopoñer nos seus diferentes elementos.
Observa e escoita as pinceladas vermellas representadas pola tuba:
Observa e escoita as pinceladas azuis representadas pola trombón
Observa e escoita a linea negra representadas pola melodía do clarinete
Observa e escoita o fondo marrón e gris representadas polas cordas
2 PINTAMOS MÚSICA
-
Esta é unha actividade para mancharse as mans.
-
- Escoitamos as propostas musicais
-
- Debatimos como se pode pintar o escoitado
-
- Pintamos entre todos un cadro que represente o que escoitamos