top of page

PAISAXES SONORAS

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE VIGO

A Escola Municipal de Música de Vigo dependente do Departamento de Educación do Concello de Vigo presenta un curso máis o ciclo de concertos didáticos dirixidos a escolares de cuarto e quinto curso de primaria.

 

Nesta ocasión a Escola colabora co Museo Quiñones de León. O profesorado musicalizará unha visita guiada ao pazo, contextualizando a sua historia coa música de diferentes épocas.

 

Esta guía didáctica servirá como complemento e contén tres actividades para que o alumnado poida aproximarse dun xeito lúdico a PAISAXES SONORAS.

 

A finalidade é que o alumnado se decate da relación da música coas paisaxes e arquitecturas de diferentes épocas e xeografías.

 

As actividades presentadas nesta guía están pensadas para que poidan practicarse na aula de Música.

 

Esperamos que esta guía sexa de doada aplicación e de utilidade na labor docente, xa sexa como preparación para asistir ao concerto, como para despois do mesmo.

A música acompaña ao ser humano dende a época das cavernas. De sempre os seres humanos acompañaron as suas ceremonias, homenaxearon ós seus deuses e celebraron as suas festas con música e baile. Co paso dos anos a música evolucionou de forma diferente ao longo de todo o planeta e das suas culturas e épocas.

 

Nesta unidade didáctica poderemos escoitar música de moi diferentes lugares e épocas e poderémola relacionar cas diferentes paisaxes e arquitecturas que existen no mundo.

 

A música ten o poder de ambientar e describir de forma auditiva unha paisaxe, un templo, ou un edificio e tamén ten o poder de trasladarnos a diferentes civilizacións.

 

Como soa unha paisaxe?

Como soa unha cidade?

Como soa unha época?

 

Estas e outras moitas preguntas son as que hoxe nos imos plantexar.

 

E recordade! Ainda que hai unha relación directa entre as músicas e as imaxes ningunha resposta é incorrecta! O límite é a vosa imaxinación!

OBXECTIVOS

  • Desenvolver a capacidade de escoita activa.

  • Propiciar a crítica constructiva.

  • Valorar as diferentes aportacións sobre un mesmo tema.

  • Relacionar diferentes épocas coa música.

  • Relacionar diferentes arquitecturas coa música.

  • Relacionar diferentes paisaxes coa música.

  • Relacionar diferentes cidades e culturas coa música.

  • Crear pontes entre a historia do pazo Quiñones de León e a música.

  • Poñer en valor entre os cativos o MUSEO QUIÑONES DE LEÓN e a EMMVigo

  • Coñecer o pazo e museo Quiñones de León.

 

CONTIDOS

  • Asistencia ao Museo Quiñones de León para realizar unha visita musical.

  • Coñecer o pazo e os xardíns do Quiñones de Leon.

  • Coñecer as características da música de diferentes épocas e culturas.

  • Audición activa e comprensiva da música.

  • Relacionar a música cos diferentes paisaxes, espazos e arquitectura.

1 - A música nos pazos e castelos

Nas diferentes épocas da historia o ser humano construiu pazos e castelos, cada un con diferentes estilos dependendo da época, a xeografía e a cultura. Neles tiñan lugar cerimonias, celebracións e reunións onde sempre estaba moi presente a música.

 

Nesta actividade teredes que decidir que estilo de música corresponde a cada un dos castelos e pazos que vos amosamos.

 

Propoñemosvos 4 músicas de épocas cercanas a cada un de eles para que poidades ver e escoitar a evolución da música e da arquitectura.

Intenta imaxinarte o ambiente da época!

actividade 1

  1. Escoita as 4 música observando as fotos dos 4 castelos/pazos

  2. Podes imaxinarte que músicas soaría en cada un deles?

  3. Escolle unha música para cada fotografía

  4. Explica porqué.

castelo superguay.jpeg
Castelo de Neuschawanstein
S. XIX
castelo coimbra.jpeg
Castelo de Guimaraes
S. X
versalles.jpeg
Pazo de Versalles
S. XVIII
taj majal.jpeg
Taj Mahal
S. XVII

2 - A música nas cidades

Coa chegada das cidades e a revolución industrial a música sufriu diferentes revolucións aparecendo estilos musicais urbanos e populares. Xéneros de baile onde a raiña das formas musicais era “a canción”.

 

Dende que a música se puido gravar e reproducir as cancións fixeronse moi populares e os cantantes de todo o mundo puideron ser escoitados en todos os fogares.

 

Cancións de rock, blues, boleros, baladas, rap, bachatas, reagueton, etc, etc...

 

Nesta actividade propoñemosvos asociar 5 cancións de diferentes estilos a 5 cidades.

 

Lembra: O idioma da canción será unha boa pista!

actividade 2

  1. Escoita as 5 cancións observando as fotos das 5 cidades.

  2. Podes imaxinarte que música soaría en cada unha delas?

  3. Escolle unha música para cada cidade.

  4. Explica porqué.

Seul.jpeg
Seul
madrid.jpeg
Madrid
big ban.jpeg
Londres
Nova Iorque

2 - A música e a natureza

Dende a sua orixe a música intentou imitar ou simbolizar a natureza, o canto dos páxaros, as paisaxes...

 

Os compositores moitas veces inspíranse na natureza para crear a súa música. As veces imitan os seus sons e outras intentan suxerir o sentimento que neles crea unha paisaxe.

 

A música tradicional tamén póde suxerir un tipo de paisaxe, xa que está intimamente ligada a xeografía e cultura da que procede.

 

Os compositores de música de cine tamén intentan ambientar os escenarios das películas, compoñendo pezas que nos transportan á selva, ó deserto, ou mesmo ó espacio exterior!

 

Nesta actividade teredes que relacionar imaxes de diferentes paisaxes coas músicas que propoñemos.

 

Lembrade: Ningunha resposta é incorrecta!

actividade 3

  1. Escoita as 4 música observando as fotos das 4 paisaxes.

  2. Podes imaxinarte que músicas soaría en cada unha delas?

  3. Escolle unha música para cada fotografía.

  4. Explica porqué.

templo chines.jpeg
Xardín Xaponés
mar.jpeg
Océano
fraga.jpeg
Fraga Galega
deserto.jpeg
Deserto Arizona

RESPOSTAS SUXERIDAS... 

ACTIVIDADE 1

Johan Strauss - Marcha Radeztky - Castelo Neuschwanstein

J.S.Bach - Minuetto en Sol menor - Pazo de Versalles

Raga trio - Musica tradicional de la India - Taj Mahal

Jordi Savall - Stampies an danses royales - Castelo Braga

ACTIVIDADE 2

BTS - Dinamite -Seul

Tribe Called Quest- Electric Relaxation  - Nova York

The Clash - London Calling - Londres

C. Tangana&Kiko Veneno - Los tontos - Madrid

Edith Piaf - La foule - París

ACTIVIDADE 3

Berrogueto - Tránsito - Fraga Galega

Debussy - La mer “Jeaux de vages”  - Oceano Atlántico

Musica tradicional para Koto e Samishen - Xardín Xaponés

Ennio Morricone - “O bo o feo e o malo” - Deserto de Arizona

bottom of page