

MATRÍCULA
A túa formación musical comeza aquí
CALENDARIOS
Consulta os prazos de matrícula e preinscripcións. As datas oficiais de matrícula e preincrición poderán consultarse cando estean dispoñibles
ACCESO Á ESCOLA
Descubre as diferentes modalidades de acceso e escolle a que mellor se adapte a ti
TES DÚBIDAS?
Estamosa túa disposición para resolver calquera consulta

Matrícula do alumnado actual
Dirixida ao alumnado que xa forma parte da Escola Municipal de Música de Vigo e continúa os seus estudos o vindeiro curso.
Prazo de matrícula
Normalmente no mes de xuño
Os prazos, horarios, taxas documentación e acceso ao trámite públicarase aquí.

Preinscrición novo alumnado
Para todas aquelas persoas que queren formar parte da Escola Municipal de Música de Vigo
Prazo de preinscrición
Normalmente dende finais de xuño ata primeiros días de setembro
As prazas ofertadas, solicitudes, sorteos, probas, resultados e formalización de matrícula publicarase aquí.
Modalidades de preinscrición
Na preinscrición podes seleccionar a modalidade a que desexas acceder:
1
Música e Movemento
De 4 a 7 anos
2
Preinscrición para iniciarse na música a través do xogo o movemento e a experiencia musical.
A adxudicación das prazas realizaráse mediante sorte público
Práctica instrumental
Dende os 8 anos en diante
3
Modalidade For Agrup
Dende os 8 anos en diante podes facer preincrición para:
1º curso
-
Podes facer preincrición para 1º curso de calquera especialidade
-
Se hai máis solicitudes que prazas, realizaráse un sorteo público
Cursos diferentes a 1º
-
Tamén podes facer preinscrición para cursos diferentes a 1º
-
O acceso realizarase mediante unha proba de nivel
Agrupacións
Orquestra,Banda,coros,agrupación vento, agrupación corda, combos, orquestra orff.
O acceso realizarase mediante unha proba de nivel.
Materias teóricas
Linguaxe musical, cultura, harmonía, producción, historia.
O acceso realizarase mediante unha proba de nivel.
Como facer a preinscrición
A preinscrición realizase en liña, a través do formulario habilitado pola Escola Municipal de Música de Vigo.
O formulario só estará dispoñible durante o prazo oficial de preinscrición. Fóra deste período non será posible presentar solicitudes.
Se necesitas axuda para cubrir o formulario, podes acudir á secrextaría da escola, onde o persoal administrativo te axudará a realizar o trámite.
Unha vez presentada a solicitude, recibirás un número de preinscrición, que debes conservar para consultar posteriormente a información sobre o proceso.
Que sucede despois da preinscrición
1
2
Presentación da solicitude
Realizas a preinscrición en liña e recibes un número.
Soteo ou probas de acceso
En Música e Movemento e 1º curso de Práctica instrumental realizarase un sorteo se hai máis solicitudes ca prazas. Nos demáis casos, faranse as probas correspondentes
3
4
Publicación dos resultados
Os resultados dos sorteos publicaranse na web e no taboleiro da escola co número de preinscrición.
O resultado das probas publicarase no taboleiro da escola.
Formalización de matrícula
O alumnado admitido disporá dun prazo para formalizar a matricula, segundo as indicacións que se publiquen.
