
Descubre tu pasión musical

A ESCOLA
Máis que música

Quen somos?
A escola Municipal de Música de Vigo é un espazo de formación e participación arredor da música.
A nosa proposta educativa busca achegar a práctica musical deun xeito próximo e enriquecedor,favorecendo a parendizaxe a creatividade e o gusto por facer música.
A través das diferentes ensinanzas e actividades, promovemos unha forma na que aprender, compartir e gozar da música forman parte dun memos camiño.
MUSICA PARA TODAS AS IDADES
ENSINO ADAPTADO A CADA NIVEL
CONCERTOS, OBRADOIROS E MOITO MÁIS
Unha escola aberta a nenos,mozos e persoas adultas
Unha formación musical que acompaña a evolución de cada alumno/a
A música tamén se vive compartindo, participando e subindo a un esceario
A MÚSICA COMO FORMACIÓN INTEGRAL
Una educación que deselvolve todas as capacidades
Na Escola Municipal de Música de Vigo entendemos a música como unha ferramenta de formación integral da persoa, que favorece o desenvolvemento en catro áreas fundamentais.
COGNITIVA
Favorece a atención,a memoria, a concentración e o pensamento creativo
SENSITIVA
Fomenta a expresión emocional, a escoita activa e a empatía
PSICOMOTRIZ
Desenvolve a cordinación, o ritmo e a conciencia corporal
SOCIAL
Favorece o traballo en equipo, o respecto e a participación no grupo
A nosa historia
1997
22 DE SETEMBRO
A Escola Municipal de Música de Vigo foi inaugurada o 22 de setembro de 1997 , dando resposta á demanda social dunha formación musical na cidade.
Desde os seus inicios, a Escola naceu coa vontade de facilitar o acceso á práctica instrumental e á formación musical, consolidándose ao longo dos anos como un espazo educativo e de referencia para avida cultural de vigo.

A nosa Escola



