top of page

ALUMNADO QUE LLE TOCOU PRAZA EN 1º CURSO DE INSTRUMENTO ADULTOS (nados no 2010 e anteriores)

Consulta a listaxe para comprobar o resultado. As persoas que aparecen con fondo amarelo teñen unha praza adxudicada, mentres que as que aparecen con fondo branco pasan a formar parte da lista de agarda. Pincha no seguinte enlace:

Listaxe 1º instrumento adultos.

No caso de formar parte da lista de agarda, se se produce algunha vacante, a Escola poñerase en contacto coas persoas correspondentes para ofrecerlles a praza.

A matriculación realizarase desde o xoves 24 ata o mércores 30 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 h.

A formalización da matrícula e, polo tanto, a elección de grupo, realizaranse por orde de chegada.

​

Materias nas que deberá que matricularse:

O plan de estudos da Escola contempla tres materias anuais obrigatorias:

  • Práctica instrumental. Corresponde ao horario de instrumento no que se lle asignou a praza. Este horario pode consultarse na oferta de prazas publicada pola Escola.

  • Teórica: 1 hora de Linguaxe Musical 1º curso : Os mércores de 20:00 a 21:00

  • Agrupación: Coro Adultos Iniciación: Os Mércores de 19:00 a 20:00

​

Os horarios do curso 2026/2027 están dispoñibles na seguinte ligazón: Horarios 26/27.

​​​

​Para formalizar a matrícula será necesario a seguinte documentación:

  • ​1 fotografía (tamaño carnet)

  • Datos bancarios para domiciliar as mensualidades

  • 6,00 €, en efectivo. Este importe cubre a licencia que lle permite á Escola a realización de fotocopias de partituras e outro material.

  • Voante de empadroamento (podes descargalo dende a páxina do Concello)

  • Impreso cuberto de “Autorización tratamento de datos” (podes descargalo na nosa páxina na pestana de “Secretaría”)

  • PAGO DAS TAXAS: Deberás presentar un dos seguintes documentos:

  1. Xustificante do pagamento das taxas de matrícula: o pagamento realizarase exclusivamente en liña, a través do seguinte enlace: www.emma.vigo.org

     OU

  1. Xustificante da solicitude de exención das taxas: o impreso pódese descargar desde a nosa páxina web, na sección Secretaría. A solicitude deberá presentarse unicamente no Concello. Unha vez presentada, deberás entregarnos o xustificante da solicitude entre o 24 e o 30 de setembro, ambos os días incluídos.

bottom of page