ALUMNADO QUE LLE TOCOU PRAZA EN 1º CURSO DE INSTRUMENTO XUVENIL (nados entre 2018 e 2011 inclusive)
Consulta a listaxe para comprobar o resultado. As persoas que aparecen con fondo amarelo teñen unha praza adxudicada, mentres que as que aparecen con fondo branco pasan a formar parte da lista de agarda. Pincha no seguinte enlace:
Listaxe 1º curso instrumento xuvenil.
No caso de formar parte da lista de agarda, se se produce algunha vacante, a Escola poñerase en contacto coas persoas correspondentes para ofrecerlles a praza.
A matriculación realizarase desde o xoves 24 ata o mércores 30 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 h.
A formalización da matrícula e, polo tanto, a elección de grupo, realizaranse por orde de chegada.
Materias nas que deberá que matricularse:
O plan de estudos da Escola contempla tres materias anuais obrigatorias:
-
Práctica instrumental. Corresponde ao horario de instrumento no que se lle asignou a praza. Este horario pode consultarse na oferta de prazas publicada pola Escola.
-
Linguaxe Musical – 1.º curso. Materia teórica cunha duración de 1 hora semanal.
-
Agrupación. Nesta materia, o alumnado poderá escoller entre as seguintes opcións, en función da idade e das prazas dispoñibles:
-
Coro Infantil: alumnado nado entre 2016 e 2018, ambos os anos incluídos.
-
Coro Xuvenil: alumnado nado en 2015 e anos anteriores.
-
Conxunto Orff: sen restrición de idade indicada.
-
Danza e Expresión Corporal: alumnado nado entre 2016 e 2018, ambos os anos incluídos.
Para consultar os horaios e as vacantes dispoñibles en cada grupo pincha na seguinte ligazón: Horarios 26/27 xuvenil
Para formalizar a matrícula será necesario a seguinte documentación:
-
1 fotografía (tamaño carnet)
-
Datos bancarios para domiciliar as mensualidades
-
6,00 €, en efectivo. Este importe cubre a licencia que lle permite á Escola a realización de fotocopias de partituras e outro material.
-
Voante de empadroamento (podes descargalo dende a páxina do Concello)
-
Impreso cuberto de “Autorización tratamento de datos” (podes descargalo na nosa páxina na pestana de “Secretaría”)
-
PAGO DAS TAXAS: Deberás presentar un dos seguintes documentos:
-
Xustificante do pagamento das taxas de matrícula: o pagamento realizarase exclusivamente en liña, a través do seguinte enlace: www.emma.vigo.org
OU
-
Xustificante da solicitude de exención das taxas: o impreso pódese descargar desde a nosa páxina web, na sección Secretaría. A solicitude deberá presentarse unicamente no Concello. Unha vez presentada, deberás entregarnos o xustificante da solicitude entre o 24 e o 30 de setembro, ambos os días incluídos.
