A Escola  

1/10

Presentación

"A Música é o instrumento máis potente que ningún outro para a educación " Platón

"A Música é unha parte indispensable da cultura humana universal. Aqueles que non posúen coñecementos musicais teñen un desenrolo intelectual e espiritual incompleto porque no ánimo do home hai rexións que só poden ser iluminadas pola música " Zontan Kodály, sobre a Reforma da nosa educación musical, 1954.

Desde Antigo, recoñécese o importante valor formativo da música considerada como unha das materias fundamentais para a educación do ser humano. Ao longo de todo o século XX, pedagogos e psicólogos conveñen en destacar a inestimable contribución que a educación musical realiza no desenvolvemento integral da persoa, ao mesmo tempo que coinciden  en que a mesma fortalece unha serie de capacidades baseadas en catro áreas fundamentais:

 - Cognitiva

 - Sensitiva

 - Psicomotriz

 - Social

Acorde a estes pensamentos, a Escola xurde dunha necesidade social que demanda estudos musicais na nosa cidade. Foi inaugurada o 22 de setembro de 1997 coa finalidade de formar na práctica instrumental a afeccionados sen límite de idade.

O noso principio básico será, polo tanto, utilizar a música non só como unha aprendizaxe en sí mesma, senón para completar a nosa formación e sensibilidade como seres humanos.

Escola Municipal de Música de Vigo · Camiño do Regueiro 1, 36211 Vigo · 986 410 785 · info@esmuvigo.es