MÚSICA, SON... ACCIÓN
Nivel: 2º e 3º de Educación Primaria
Área: Música
Contexto: Preparación para a asistencia a un concerto didáctico
A Escola Municipal de Música de Vigo dependente do, Departamento de Educación do Concello de Vigo, presenta un curso máis o ciclo de concertos didáticos dirixidos a escolares de segundo e terceiro curso de primaria.
Esta unidade ten como propósito principal achegar ao alumnado ao mundo do son e da música no cine, fomentando a escoita activa, a expresión musical e a creación de sons.
OBXECTIVOS
-
Desenvolver a escoita atenta e activa.
-
Identificar os diferentes elementos sonoros dunha produción audiovisual.
-
Descubrir como se crean os efectos sonoros nas películas.
-
Comprender que a música transmite emocións e axuda a contar historias.
-
Diferenciar entre o son ambiente (efectos Foley) e banda sonora.
-
Experimentar coa creación de sons e pequenas bandas sonoras.
-
Valorar o silencio e o son como elementos expresivos.
-
Preparar ao alumnado para unha actitude respectuosa e atenta nun concerto didáctico.
CONTIDOS
Contidos conceptuais
-
O son: fontes sonoras naturais e artificiais.
-
Os efectos sonoros no cine (Foley).
-
A música como acompañamento das imaxes.
-
Emocións básicas expresadas pola música (alegría, medo, tristura, calma…).
Contidos procedementais
-
Escoita activa de fragmentos audiovisuais e musicais.
-
Identificación de sons e emocións.
-
Exploración sonora con obxectos cotiáns.
-
Interpretación musical sinxela con instrumentos Orff.
-
Creación colectiva de sons e música para un vídeo.
Contidos actitudinais
-
Atención e respecto durante as escoitas.
-
Participación activa nas propostas musicais.
-
Actitude creativa e colaborativa.
-
Interese polos espectáculos musicais en vivo.
A música e o son acompañan a nosa vida diaria e teñen un papel moi importante no cine. A través deles podemos sentir medo, alegría, tristura ou emoción, mesmo antes de que os personaxes falen. Pero… de onde veñen eses sons? Quen fai a música das películas? Poderiamos facelo nós?
Esta unidade didáctica propón unha aproximación lúdica e práctica ao mundo do son e da música no cinema, permitindo ao alumnado descubrir como se crean os efectos sonoros (Foley) e como a música axuda a contar historias a través das imaxes.
Así pois, esta unidade didáctica esta dividida en dúas partes:
- O Foley (os son e ruidos )
- A banda Sonora ( a música )
As actividades están pensadas para desenvolverse na aula de Música e servirán como preparación previa para asistir a un concerto didáctico no Auditorio Municipal, onde o alumnado poderá recoñecer sons, instrumentos e emocións xa traballadas previamente.
A través da escoita activa, do xogo, da experimentación e da creación sonora, preténdese que os nenos e nenas vivan a música de forma activa e significativa.
Presentamos 3 actividades por cada bloque ( 3 actividades de Foley e 3 actividades de música). Podedes elexir cal facer co voso alumnado tendo en conta as súas características e capacidades.
As actividade 3 de cada bloque son un pouco especiais, xa que se vos decantades por preparalas formarán parte do concerto didáctico, para elo teredes que seguir as instruccións que se indican en cada unha delas.
O FOLEY: OS SONS DAS PELÍCULAS
SONS E IMAXES: COMO SE FAN OS RUÍDOS NO CINE
Cando vemos unha película escoitamos moitos sons: pasos, portas que se abren, vento, choiva, golpes, animais… Pero a maioría destes sons non se gravan no momento de rodar a película, senón que se crean despois nun estudo de son.
A esta técnica chámaselle Foley.
O Foley recibe o seu nome de Jack Foley, un técnico de son que traballou no cine nos primeiros anos das películas sonoras. Jack Foley foi un dos primeiros en darse conta de que moitos sons non se escoitaban ben cando se gravaban xunto ás imaxes, así que comezou a recrealos usando obxectos cotiáns, sincronizándoos coa película.
Por exemplo:
-
Dous cocos podían soar como o galope dun cabalo.
-
Unha bolsa de plástico podía parecer choiva.
-
Un anaco de metal podía soar como un trebón.
As persoas que realizan este traballo chámanse artistas Foley.
Eles e elas observan as imaxes con moita atención e crean os sons axeitados para que a película pareza máis real e emocionante.
LIÑA DO TEMPO DO SON NO CINE

Grazas ao Foley:
As películas soan máis reais.
Entendemos mellor o que pasa na pantalla.
Sentimos máis emocións cando vemos unha escena.
Nesta unidade didáctica imos descubrir como se fan estes sons e converterémonos en artistas Foley, creando nós mesmos os sons dunha película usando obxectos da aula, a voz e o corpo.
Actividade 1
Que estamos escoitando?
(Escoita e identificación)
👉 Obxectivo: tomar conciencia da escoita e da imaxinación
Actividade 2
Ver o que escoitamos (Descubrimos como se fan os sons)
👉 Obxectivo: descubrir que os sons do cine non sempre son reais, senón creados.
Actividade 3
Facemos o noso Foley
(Creación sonora)
👉 Obxectivo: crear unha pequena peza de Foley colectiva.
A BANDA SONORA: A MÚSICA DAS PELÍCULAS
Cando vemos unha película non só escoitamos sons e ruídos, tamén escoitamos música. Esa música especial que acompaña ás imaxes chámase banda sonora.
A banda sonora axúdanos a entender mellor o que pasa na pantalla. Grazas á música sabemos se unha escena é alegre, triste, misteriosa ou emocionante, mesmo sen que os personaxes falen. A música pode facernos sentir medo, ledicia, sorpresa ou calma.
Nos comezos do cine, cando as películas eran mudas, a música tocábase en directo mentres se proxectaba a película, normalmente cun piano ou cunha pequena orquestra. Máis adiante, cando apareceron as películas con son, a música comezou a gravarse e a formar parte da película, acompañando ás imaxes en todo momento.
As persoas que crean a música das películas chámanse compositores ou compositoras. Eles e elas escriben músicas especiais para cada historia, para cada personaxe e para cada momento importante do filme.
Nesta parte da unidade imos:
-
Escoitar músicas de películas coñecidas.
-
Descubrir como a música cambia o que sentimos ao ver unha escena.
-
Convertérmonos en músicos, tocando unha pequena banda sonora con instrumentos Orff.
Así aprenderemos que a música non só se escoita, senón que tamén conta historias.
LIÑA DO TEMPO DO MÚSICA NO CINE

Actividade 1
Recoñecemos músicas famosas
(Escoita guiada)
👉 Obxectivo: asociar música con emocións.
Actividade 2
Está todo misturado¡¡¡¡
(Escoita guiada)
👉 Obxectivo: asociar música con imaxes.
Actividade 3
Facemos unha banda sonora
(interpretación)
👉 Obxectivo: vivir a música como parte da historia que conta o cine

