ALUMNADO QUE LLE TOCOU PRAZA EN MÚSICA E MOVEMENTO
Consulta a listaxe para comprobar o resultado. As persoas que aparecen con fondo amarelo teñen unha praza adxudicada, mentres que as que aparecen con fondo branco pasan a formar parte da lista de agarda. Pincha no seguinte enlace:
No caso de formar parte da lista de agarda, se se produce algunha vacante, a Escola poñerase en contacto coas persoas correspondentes para ofrecerlles a praza.
A matriculación realizarase desde o xoves 24 ata o mércores 30 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 h.
A formalización da matrícula e, polo tanto, a elección de grupo, realizaranse por orde de chegada
Para formalizar a matrícula será necesario a seguinte documentación:
-
1 fotografía (tamaño carnet)
-
Datos bancarios para domiciliar as mensualidades
-
Voante de empadroamento (podes descargalo dende a páxina do Concello)
-
Impreso cuberto de “Autorización tratamento de datos” (podes descargalo na nosa páxina na pestana de “Secretaría”)
-
PAGO DAS TAXAS: Deberás presentar un dos seguintes documentos:
-
Xustificante do pagamento das taxas de matrícula: o pagamento realizarase exclusivamente en liña, a través do seguinte enlace: www.emma.vigo.org
OU
-
Xustificante da solicitude de exención das taxas: o impreso pódese descargar desde a nosa páxina web, na sección Secretaría. A solicitude deberá presentarse unicamente no Concello. Unha vez presentada, deberás entregarnos o xustificante da solicitude entre o 24 e o 30 de setembro, ambos os días incluídos.
