top of page

ALUMNADO QUE LLE TOCOU PRAZA EN MÚSICA E MOVEMENTO

Consulta a listaxe para comprobar o resultado. As persoas que aparecen con fondo amarelo teñen unha praza adxudicada, mentres que as que aparecen con fondo branco pasan a formar parte da lista de agarda.

No caso de formar parte da lista de agarda, se se produce algunha vacante, a Escola poñerase en contacto coas persoas correspondentes para ofrecerlles a praza.

A matriculación realizarase desde o xoves 24 ata o mércores 30 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 h.

A formalización da matrícula e, polo tanto, a elección de grupo, realizaranse por orde de chegada

​Para formalizar a matrícula será necesario a seguinte documentación:

  • ​1 fotografía (tamaño carnet)

  • Datos bancarios para domiciliar as mensualidades

  • Voante de empadroamento (podes descargalo dende a páxina do Concello)

  • Impreso cuberto de “Autorización tratamento de datos” (podes descargalo na nosa páxina na pestana de “Secretaría”)

  • Xustificante do pago das taxas de matrícula (este procedemento faise online, a través da páxina www.emma.vigo.org, a partir do día  24 e ata o 30 de Setembro. Antes desa data non será posible realizar o pagamento, xa que esa páxina non estará habilitada ata ese día),  ou * Xustificante da Solicitude de exención de tasas (Pódese descargar o impreso de matrícula desde a nosa páxina web, na sección de Secretaría. A solicitude deberá realizarse UNICAMENTE entre o 24 e o 30 de setembro, ambos os dous días incluído)

bottom of page