top of page
logo circular.png

Escola Municipal de Música de Vigo

Concertos didácticos 2022

7-8-9-10 de marzo 2022

unidade didáctica

caldiño de notas

Obxectivos:

  • Axudar ao alumnado asistente ao concerto a unha audición activa, comprensiva e participativa.

  • Presentar a familia dos instrumentos de Vento Metal.

  • Interiorizar e distinguir as características básicas de diferentes danzas.

  • Traballar diferentes contidos da linguaxe musical presentes nalgunhas melodías que se van escoitar durante o concerto.

 

Contidos:

  • Identificación da familia de instrumentos do Vento Metal a través da escoita.

  • Coñecemento básico de diferentes estilos de danza: vals, samba, rock and roll e tango.

  • Vivencia das diferentes danzas a través de propostas orientadas ao desenvolvemento do:

-canto

-acompañamento instrumental con pequena percusión ou láminas

-movemento

  • Audición activa e comprensiva da música proposta.

 

Temporalización:

  • 2 sesións

ACTIVIDADES ( DÚAS SESIÓNS)

1ª sesión:

1. Presentar a familia de instrumentos de Vento Metal

a trompeta

a tuba

o trombón

a trompa

2. Presentación da melodía do xabarín: TANGO

- Identificar o instrumento que interpreta a melodía

- Practicar o ritmo do tango en 3 pasos sinxelos:

1- Balanceo con cambio de peso nos pés

2- Deslizo un pé adiante e cambio do apoio do peso

3- Apoio do peso no pé de diante e recollo o outro pe deslizando en semicírculo de atrás cara adiante

3. Presentación da melodía da alondra: ROCK AND ROLL

- Escoitar e identificar que instrumento fai esta melodía.

- Practicar o concepto de back-beat marcando os pulsos 2 e 4 de cada compás con chasquidos ou palmas

- Cantar a melodía principal de 12 compases co texto proposto.

- ​Interpretar con láminas o acompañamento proposto coas fundamentais dos acordes.

booguie.png

2-Presentación da melodía da serpe: SAMBA

- Identificar que instrumento fai esta melodía.

- Traballar rítmicamente con pequena percusión os ritmos base propostos.

2ª sesión:

1- Presentación da melodía do oso: VALS

- Identificar que instrumento fai esta melodía na 1ª frase.

- Acompañar con pequena percusión o ritmo en 3/4 do vals: o primeiro pulso con pandeiro e segundo e terceiro con triángulo.

- Identificar a Forma do vals a través dunha actividade de movemento en parellas, facendo na frase A percusión corporal e na frase B balanceo con volta.

samba rit.png

- Cantar a melodía co texto proposto.

samba.png

3- Actividade final: 

- Escoitar as audicións propostas e identificar que tipo de danza é das 4 traballadas nas sesións

A Bela Durminte (Vals)
Danubio Azul (vals)
Tambor da lingua (samba)
So danco samba (Samba)
Pasodobre Pesdelán (tango+vals)
Maldonado (Tango)
La Cumparsita (Tango)
It´ll be me (Rock&Roll)
At the hop (rock&roll)
Vals. Que instrumento toca a melodía?
Rock - Que instrumento toca a melodía?
Tango. Que instrumento toca a melodía?
Samba - Que instrumento toca a melodía?
bottom of page