A Escola Municipal de Música de Vigo dependente do Departamento de Educación do Concello de Vigo presenta un curso máis o ciclo de concertos didáticos dirixidos a escolares de Vigo de 7 e 8 anos.
Nesta ocasión a Escola colabora co Museo MARCO e aproveitando a exposición de LAXEIRO imos poñer en práctica un experimento pictórico-musical donde o alumnado poderá disfrutar da pintura de Laxeiro e a música dos profesores da Escola municipal de Música de Vigo.
Esta guía didáctica é un complemento ao concerto e contén tres actividades diferentes para que o alumnado poida aproximarse de un xeito ludico ao concerto que van escoitar e ver.
A finalidade que perseguimos é que o alumnado decátese dos xeitos de expresión artística compartidas nas dúas disciplinas. As actividades presentadas nesta guía están pensadas para que poidan practicarse na aula de Música.
Esperamos que esta guía sexa de doada aplicación e de utilidade na labor docente, xa sexa como preparación para asistir ao concerto como para despois do mesmo
UNHA VIAXE POR LAXEIRO.
LAXEIRO SÓAME
A música e a pintura son disciplinas artísticas ben diferentes, con características contrapostas tales coma o sentido que as condiciona - oido e vista - a dimensión na que se desenvolven - tempo e espacio - e o medio que utilizan para manifestarse - son e debuxo-.
A pintura é unha arte estática, que podes acceder a ela dun xeito directo de xeito individual e que permanece no tempo. a música pola contra, é unha linguaxe temporal que require un proceso para acceder ela e que despois desaparece. Precisa dun intérprete que recree a obra.
Por outro lado a música é unha linguaxe abstrata que se dirige ás emocións e xoga con elas, proporcionando ao ouvinte diferentes estados de ánimo inducindo a imaxinación deste sen contido predeterminado.
Máis, a pesares das súas diferenzas a pintura e a música enténdense moi ben, xa que as dúas están creadas para satisfacer unha necesidade, ser útiles ou entreter. Ademáis teñen moitos outros aspectos en común como por exemplo: a forma ou estrutura, a cor e o timbre, o silencio e o valeiro, o acento e o rítmo, a harmonía e a proporción, etc… e todo unido a que a vista e o oido son sentidos prioritarios que actúan de xeito colaborativo e complementan a tarefa da interpretación dos diversos estímulos.
Soa un cadro?
Podes ver a música?
Cómo soan as cores?
Que formas teñen os sons?
Estas e outras moitas preguntas son as que hoxe nos imos plantexar.
Se preguntas que pasa cando miras un cadro as respostas poden ser do maís variado… dame medo, é agradable, dame tranquilidade, dame desasosiego, etc…
Esto mesmo pode pasar cando preguntamos que nos transmite a música.
Hoxe imos xuntar a música e a pintura.
Obxectivos:
-
Desenvolver a capacidade de escoita activa
-
Identificar os instrumentos musicais
-
Propiciar a crítica constructiva
-
Valorar as diferentes aportacións sobre un mesmo tema
-
Propoñer e Crear composicións propias a través da pintura
-
Fomentar a lectura musical e a interpretación.
-
Identificar coa música e a pintura diferentes sentimentos e sensacións
-
Crear pontes entre as dúas formas de expresión: música-pintura
-
Poñer en valor entre os cativos o MARCO e a EMMVigo
-
Coñecer o museo MARCO
Contidos:
-
Asistencia ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo para escoitar un concerto.
-
Asistir a unha exposición
-
A Comparación entre música e pintura e as súas similitudes
-
Audición activa e comprensiva da música proposta.
-
A pintura como grafía musical
-
interpretación dun tema musical
-
Creación dunha obra musical